-Para o xantar, trouxen bacallau xa desalado. Cando veñamos de volta da camiñata, preparámolo.
(Pegareime a ela para non perder detalle cando cociñe o bacallau ao pil pil...).
-Vou pelar uns allos e fritilos agora pola mañá. Pois o aceite ten que enfriar.
-Cantos allos lle pos?
-Con tres é suficiente.
Saímos a camiñar pola beira do mar coa ilusión como guía e a compaña da choiva incesante. A pasarela de madeira que nos conducía á praia estaba húmida e resbaladiza… Un contratempo truncounos a excursión e obrigounos a regresar.
-Como eu debo manter o brazo en repouso, vas ter que cociñar ti.
-Seguirei as túas instrucións.
-Primeiro colocamos as racións de bacallau nesta tarteira e sobre elas, pouquiño a pouco, vertemos parte do aceite no que fritimos os allos. Cociñamos a lume lento sen deixar de mover en vaivén para que a salsa vaia ligando.
- E canto tempo teremos que mover?
-Sobre unha hora, aproximadamente…
(Paciencia entón e mans á obra. Os convidados esperan degustar o delicioso prato, intentaremos non defraudalos).
-Dime, paréceche que empeza a coller cor?
-Si, vas ben; ao final quedará unha salsa brancuxada.
-E a textura como está, non tarda en espesar?
-Hai que evitar que o aceite queza moito, manter a lume suave e mover sen parar; ese é o truco.
Efectivamente, según trascurrían os minutos, a salsa íase tornado cremosa e o aroma que desprendía abría o apetito.
Con moita calma, entrañables conversas, sorrisos cómplices, unha copiña de viño tinto na man para saborear e brindar e a súa atenta mirada, fomos conseguindo o punto desexado para a salsa do bacallau.
-Pois xa está listo! Agora só nos queda decorar un pouquiño: colocamos encima os tres allos e unhas guindillas cortadas en aros finos.
- Os aros, moi finos, non quedaron. É que… este coitelo está pouco afiado, haha!! (Vaia escusa...)
-Velaquí: a xantar!
-Sácaslle unha foto?
-Veña: flash!
-Uhmnnn… Exquisito.
Un pracer aprender a cociñar contigo.