DRAG: distorsión s.f. 4. Exposición ou reproducción dunha cousa de xeito distinto ó verdadeiro. Ten enviado algunhas notas ó xornal e apareceren con pequenas distorsións. A distorsión da realidade. A distorsión do sentido ou da intención das palabras.
-Ooola!
-Ola.
-Que taaal?
-Ben. E ti?
-Eu aínda non collín vacacións…
-Claro, entendo.
-Quería que quedásemos un día e facer unha reunión con todos…, non che cadrará de vir por aquí? Apetéceme moito!
“Será la Navidad” reflexionó para sí el doctor, quien sin entender demasiado, trataba en vano de desprenderse de aquel abrazo espontáneo cuyo origen atribuyó al espectro navideño que se le antojó más pringoso de lo habitual. Libro de notas
(Serán os efectos artificiosos dun Nadal cada ano máis artificial? En ocasións, custa entender o interese real de determinados repentinos convites).
.......
Hmmm, xa me gustaría saber o que NON dis neste post...
ResponderEliminarVeño co pucho de Noel a deixarche un brazado de bicos e desexos de ledicia nestes días de amarre de ilusións. Que nada poida distorsionarche as túas.
ResponderEliminarFelices Festas, Aura!
Eu aquí xa estiven. Creo que non souben que dicir, porque "non entendín nada",
ResponderEliminarpero mólame o do "espectro do nadal",
que ten un significado ben distinto do "espíritu navideño"
;-)
a pesares... apertiñas, rula. (un convite sempre e un convite, que raio!)