lunes, 2 de enero de 2012

Comenzos


Andaba mirando aos andeis intentando localizar O lapis do carpinteiro porque alguén mo pedira para ler durante as vacacións de Nadal, cando atopei Profecía do mar de B. Graña, libro que lera hai xa algún tempo. Lembrei aqueles artigos de ZeltiaFalabarato (1/09/2011) e decidín buscar "O gato da tasca mariñeira". Con tal desculpa, paseime boa parte da mañá lendo outros poemas do poeta de Cangas. Como me daba preguiza gardar o libro, abrino de novo polas primeiras páxinas do prólogo e, de súpeto,  descubrín uns versos (como referencia  a outra obra) que me sorprenderon. A modo de declaración a comenzos de ano, aquí volos deixo:

Eu son un burro completo.
Confeso que non sei nada.
Estou pasmado ante todo.
Síntome estrano e moi lonxe.

Bernardino Graña


E como estes tamén son días nos que adoitamos trazar firmes propósitos e xenerosos desexos, achego as seguintes palabras que, no seu momento, me chamaron a atención:

Que nas vindeiras mareas nos deixemos guiar sempre polo compás da intelixencia e maila estreliña da intuición, sin esquecernos nunca de izar as velas da imaxinación.
Os meus desexos de lóstregos de ledicia e maremotos de calma para toda a flota.

Que así sexa!


Como acompañamento musical, propoño:

4 comentarios:

  1. Aura

    (quería poñelo así, pero estaba nogallenta... (primeiro exercicio para escorrentala)

    ResponderEliminar
  2. Resulta ben curioso comprobar canto nos "tira" o mar aos que somos de terradentro. Claro que, sendo do país dos mil ríos, é como se tamén aquí dentro fluisen "pequuenos mares" que nos lamben os pés e acariñan os pensamentos...

    Bicos!
    (Vistas no teu blog, ata parece que as miñas palabras soan mellor)

    ResponderEliminar
  3. De quen sexan tomadas as palabras, que boa escolleita fixeches para empezar este 2012 que nos anuncian por activo e por pasivo que vai vir tormentoso.
    E mentras non chega o calor para mollar os pés deixaremos que os mil ríos nos acariñen os pensamentos como di o Chousa.
    Ese balcón da 3ª imaxe non é de xaneiro a que non?
    Feliz ano!!!
    Saudiños

    ResponderEliminar