No corazón de todos os invernos vive unha primavera palpitante...
Khalil Gibran
Pero se fago memoria, os meus recordos da infancia durante as épocas de inverno non gardan relación, precisamente, coas flores (o cacto de inverno chegou á casa moito máis tarde), senón cos contos da avoa ao pé da lareira.
Os contos da avoa tamén son flores no noso pensamento. Seguro que ti tés un magnífico xardín de recordos.
ResponderEliminarBicos de xaneiro
hai moitos anos, miña nai trouxo unha poliña desa pranta.
ResponderEliminarparecíalle a ela moi alegre. que o é.
Xa hai mais de 15 anos que ela morreu, e todas as mulleres da familia temos cactus de inverno que veñen de polas de polas daquela primeira pola.
A de miña irmá, que herdou a máis antigua, a máis grande e frondosa, está que se sale de flores cada ano. Todas tan fermosas como esa túa. (véselle que lle gusta o sitio)
:-)
Esqueceume dicirche que esa cita de Khalil Gibran tamén a puxen eu hai xa varios anos nun post.
ResponderEliminarlembro que estivera un bo anaco buscando unha foto polo flirck adiante, unha que representara o que eu quería dicir.
Lémbrome da foto que ao final collera, unha poliña espida cun abrollo que semellaba palpitar... en cambio non teño puta idea de que cousa escribira no post...! (nin cando foi, nin como se titulaba, asi que búscame tí a un de negro en santiago)