jueves, 17 de mayo de 2012

O vento



TRIADAS DO VENTO NO MAR

Verde vento polas leiras
e vento azul polo mar,
panos da mesma bandeira.
Quen fora vento, meu mar
e sobre o teu lombo brando
puidera o corpo deitar!
Quen fora o vento poboado
de polen e de cantigas
e malvises namorados!
Quen fora o vento que rube
a refrescar as estrelas
despois de folgar coa nube!
Quen fora xinete alado
de ardor e de vidro feito
sobre das olas montado!

Valentín Paz Andrade

4 comentarios:

  1. Un día axeitado para publicar este poema.

    quen fora...[espazo en branco]

    de onde é a foto?

    ResponderEliminar
  2. Quen fora quén de expresar con tan nidia claridade!!!

    Bicos con lingua (galega!)

    ResponderEliminar
  3. Outra ventá co "teu mirar".
    Agradéceseee

    ResponderEliminar