viernes, 11 de mayo de 2012

En maio






CONFORTO

Que a terra me conforte
a terra fresca
onde meus pais lavraron,
e sinta o seu lentor
e sinta a saiba
subir polas raíces até o corpo
dos grandes castiñeiros.
Só por sentir as rulas
pousarse-se levemente na saudade.
Antón Avilés de Taramancos











































4 comentarios:

  1. A lentura da terra amosa o seu traballo... (hei repetir ese paseo q fixen a comenzos da primavera agora, antes de que o sol do verán o queime...

    ResponderEliminar
  2. A natureza esboura en mil estalos de fermosura. E da gusto mergullarse nela!
    Bicos

    ResponderEliminar