Cake de outono
Ingredientes: 6 vasos de fariña, un sobre de levadura en polvo, 4 vasos de azucre, unha pizca de sal, 8 ovos, 3 iogures (naturais ou de sabores), un vaso de aceite de xirasol, a raiadura dun limón, froitos (opcional): mazás, peras, noces e uvas pasas).
Preparación: mesturar os ingredientes na mesma orde citados. O vaso do iogur é a medida para a fariña, o azucre e o aceite (ou manteca derretida). Unha vez remexidos e obtida una masa homoxénea, engadir os froitos. Cocer primeiro durante 15’ a 250º C e despois uns 30’ máis a 180º C (dependendo do recipiente).
....
....
Para acompañar, ademais dun cafeciño:
Xa sei que hoxe non chove…, pero a min antóllaseme ver a choiva e así completar unha auténtica e deliciosa tarde de outono…
Mudamos, merendamos e...continuamos; moi ben!!
ResponderEliminarpois onte na coruña choveu! [un pouquiño]
ResponderEliminarese bizcoito ten unha pintaza, así non se pode deixar de engordar! -tentacións por todas partes-
vexo que cambiaches de blog, non de plantilla: de blog! (iso forzosamente ten que significar algo)
Primeiro pensei en dar unha exlicación pero como xa sabía que alguén me ía preguntar...
ResponderEliminarResulta que agotei o espazo para subir imaxes e Blogger cerroume o grifo:-( :-) Harmonía sen imaxes non é nada!
Así, aproveito (-amos) para estrear casa!
Benvidos a este novo espazo.
Esto sí que é un xeito de inaugurar!.
ResponderEliminarEse pastel cómese cos ollosssss. Merendemos!!!
(Non sabía que Blogger acotaba espazo)
Bicos
Encántame a "fotografía" do perfil !!!
ResponderEliminarpolo demáis ... e que fas cada preguntiña, si a todo. Outra vez, coas máns na masa, grazas a Aura :)
Bico