Acababa de caer a noite sobre a cidade de Londres. […]
A John e Michael encantáballes revivir nos seus xogos as aventuras de Peter Pan. A súa irmá maior, Wendy, sabía todas as súas historias de memoria e, pola noite, antes de deitarse, sempre lles lía algún conto acerca do rapaz que non quería medrar e do País de Nunca Xamais. […]
Guiados por Peter Pan, os tres nenos asucaron o ceo de Londres. A cidade, desde o aire, parecíalles totalmente distinta e marabillosa, moito máis fermosa do que xamais imaxinaran.
Coas primeiras luces do amencer, apareceu ante os seus ollos a Illa de Nunca Xamais.
-Oh, Peter! –exclamou Wendy-. É tal e como a imaxinara! […]
Cansados de tan longa viaxe, xa que no estaban acostumados a voar, decidiron pousarse nunha nube para descansar. […]
Por primeira vez desde que chegara á Illa, o neno acordouse da súa nai e estrañouna:
-Quero volver á casa, Wendy.
-Nós tamén –dixeron os Nenos Perdidos-. Queremos ter unha nai que nos coide e se ocupe de nós.
-Ben! Como queirades! –contestou Peter, visiblemente incómodo-. Marchade e facédevos maiores. Pero, advírtovos, xa nunca poderedes volver atrás. […]
-Bravo, mariñeiros! –exclamou Peter Pan subido no alto da ponte de mando […] Aos seus postos! Izade as velas! Levantade as áncoras! Partimos!
-Onde imos? –preguntou Wendy.
-Á casa, claro. –respondeu Peter-. Acaso non é alí onde queriades ir?
Campaníña axitou as súas ás e, ao instante, o barco, cuberto de polvo de ouro, alzou o voo.
Cando o señor e a señora Darling volveron da Ópera, atoparon aos seus fillos aínda erguidos e mirando atentamente pola fiestra.
-Aínda levantados? –enfadouse o pai.
-Estabamos despedíndonos de Peter Pan –dixo Wendy sen apartar os ollos do ceo.
-Peter Pan? Abonda! Xa che dixen…
-George, mira! –exclamou a nai sinalando un punto na noite.
O señor Darling alzou a mirada e viu a silueta do galeón recortándose contra a lúa.
-Ceo santo! –exclamou abrazando aos seus fillos-. Si, agora lembro… Creo que uhna vez, sendo moi neno, tamén eu vin a Peter Pan…
Peter Pan (adaptación)
se eu fose o señor Darling, probablemente non puidese recordalo e imaxinaría, desexaría que tivese sucedido.
ResponderEliminar