Era unha tarde a comenzos de xuño. Ían os tres amigos subindo a costa do Agro de Lalín de Arriba, cargados cos bártulos: a cámara, o trípode, as mochilas cos bocadillos e os refrescos e unha sombrilla de praia para espetar no chan e poder merendar á sombra durante o descanso. Andaban enredados na tarefa de realizar unha curtametraxe para un traballo de E. Plástica que debían entregar en poucos días.
-Veña, démonos présa. A ver se aproveitamos para gravar mentres hai boa luz.
De repente…
-Eh, mirade! Mirade que nubes... Espectaculares!
-Son… son raras, dirás.
-Fixádevos na luz, como mola!
-Voulles sacar fotos. Cando llas ensine a miña nai, vanlle gustar.
Para que logo digamos que os adolescentes non teñen sensibilidade. Ocorre que eles van polo “seu” camiño e ao “seu” ritmo. Nós andamos o noso. Unhas veces, camiñamos en paralelo, á súa beira. Outras, deberíamos intentar distanciarnos un pouco para evitar presionalos... E mentres nos apartamos, deixamos que se disipen os medos, os nosos medos; pois eles, nos saben de medos. E nós, para que os queremos?
As imaxes, aportación de Diego.
A música, unha proposta de Andy. Estou segura de que ela tamén se pararía a observar a luz que traspasaba aquelas “nubes raras” e gozaría do momento.
sólo te pido que mi espacio llenes con tu luz...
ResponderEliminarMirando...a Diego:
ResponderEliminarSemella que é o Sol(coa súa man "sprai" de escuma) quen está enfocando o seu obxectivo e nos retrata a nós; non nos debe ver ben.
Un lindo lecer!
E que a xente nova non sempre anda(mos) nas nubes!!!
ResponderEliminar:-)
Bicos de Antas