domingo, 29 de enero de 2012

martes, 24 de enero de 2012

Luz ou escuridade?


Hai dúas maneiras de difundir a luz... ser a lámpara que a emite, ou o espello que a reflicte.
Lin Yutang

A escuridade non existe, o que chamamos escuridade é a luz que non vemos.
Henri Barbusse

Ás veces de noite, encendo a luz para non ver a miña propia escuridade.
Antonio Porchia

jueves, 19 de enero de 2012

Flor de inverno


No corazón de todos os invernos vive unha primavera palpitante...
Khalil Gibran


Pero se fago memoria, os meus recordos da infancia durante as épocas de inverno non gardan relación, precisamente, coas flores (o cacto de inverno chegou á casa moito máis tarde), senón cos contos da avoa ao pé da lareira.

domingo, 15 de enero de 2012

No inverno


[…]
La tierra vive ahora
tranquilizando su interrogatorio,
extendida la piel de su silencio.



Yo vuelvo a ser ahora
el taciturno que llegó de lejos
envuelto en lluvia fría y en campanas:
debo a la muerte pura de la tierra
la voluntad de mis germinaciones.

Pablo Neruda
(Jardín de invierno)




jueves, 12 de enero de 2012

No camiño


Xunta o río

"Ninguén pode dicir se hai un sorriso
neste río de auga e case calma
[…]
Hai que saber amar suave tal río,
bicar a boca do misterio ou chama.

Eu aquí quedo sobre o mundo. Escoito
meu doce sangue, que igualmente esvara.
Xa corrín e corrín inutilmente.
Son río e teño soio a propia auga.

Pero é certo que agarda un mar moi grande,
e hei de ir, hei de ir ao mar que agarda."

Bernardino Graña. Profecía do Mar.




domingo, 8 de enero de 2012

Olor a laranxas


Despois do Nadal queda a resaca por mor dos excesos, o roscón de reis enroscado ás cinturas e a nostalxia dun tempo que xa rematou. Menos mal que sempre nos quedarán as laranxas! A sú cor, o seu olor e o seu sabor… As súas vitaminas e as súas propiedades. Incluso para os máis larpeiros: confitadas ou con chocolate

Ai, que bo o olor a laranxas!



lunes, 2 de enero de 2012

Comenzos


Andaba mirando aos andeis intentando localizar O lapis do carpinteiro porque alguén mo pedira para ler durante as vacacións de Nadal, cando atopei Profecía do mar de B. Graña, libro que lera hai xa algún tempo. Lembrei aqueles artigos de ZeltiaFalabarato (1/09/2011) e decidín buscar "O gato da tasca mariñeira". Con tal desculpa, paseime boa parte da mañá lendo outros poemas do poeta de Cangas. Como me daba preguiza gardar o libro, abrino de novo polas primeiras páxinas do prólogo e, de súpeto,  descubrín uns versos (como referencia  a outra obra) que me sorprenderon. A modo de declaración a comenzos de ano, aquí volos deixo:

Eu son un burro completo.
Confeso que non sei nada.
Estou pasmado ante todo.
Síntome estrano e moi lonxe.

Bernardino Graña


E como estes tamén son días nos que adoitamos trazar firmes propósitos e xenerosos desexos, achego as seguintes palabras que, no seu momento, me chamaron a atención:

Que nas vindeiras mareas nos deixemos guiar sempre polo compás da intelixencia e maila estreliña da intuición, sin esquecernos nunca de izar as velas da imaxinación.
Os meus desexos de lóstregos de ledicia e maremotos de calma para toda a flota.

Que así sexa!


Como acompañamento musical, propoño: