viernes, 30 de diciembre de 2011

Posta



RAG: ocaso s.m. 1. Momento en que un astro, en particular o Sol, descende e se oculta tralo horizonte. Contempla-lo ocaso. SIN. posta, postura.


Ocaso
Era un suspiro lánguido y sonoro
la voz del mar aquella tarde... El día,
no queriendo morir, con garras de oro
de los acantilados se prendía.

Manuel Machado


Naquela visita atopárame co home do pelo branco e o sombreiro gris.
Desta vez, reparei no home do pelo gris.


Ocaso
Yo estaba junto a ti. Calladamente
se abrasaba el paisaje en el ocaso
y era de fuego el corazón del mundo
sobre el silencio cálido del campo.

Rafael Morales


domingo, 25 de diciembre de 2011

Pan(s)


(con fariña de millo)

(con fariña integral)


(con fariña de trigo)

O pan da casa, de fornada propia.
E a Lingua, tamén.

viernes, 23 de diciembre de 2011

Distorsións?


DRAG: distorsión s.f. 4. Exposición ou reproducción dunha cousa de xeito distinto ó verdadeiro. Ten enviado algunhas notas ó xornal e apareceren con pequenas distorsións. A distorsión da realidade. A distorsión do sentido ou da intención das palabras.

-Ooola!
-Ola.
-Que taaal?
-Ben. E ti?
-Eu aínda non collín vacacións…
-Claro, entendo.
-Quería que quedásemos un día e facer unha reunión con todos…, non che cadrará de vir por aquí? Apetéceme moito!

“Será la Navidad” reflexionó para sí el doctor, quien sin entender demasiado, trataba en vano de desprenderse de aquel abrazo espontáneo cuyo origen atribuyó al espectro navideño que se le antojó más pringoso de lo habitual. Libro de notas

(Serán os efectos artificiosos dun Nadal cada ano máis artificial? En ocasións, custa entender o interese real de determinados repentinos convites).
.......

Boa entrada no solsticio de inverno!!!

miércoles, 14 de diciembre de 2011

O pil-pil


-Para o xantar, trouxen bacallau xa desalado. Cando veñamos de volta da camiñata, preparámolo.
 (Pegareime a ela para non perder detalle cando cociñe o bacallau ao pil pil...).
-Vou pelar uns allos e fritilos agora pola mañá. Pois o aceite ten que enfriar.
-Cantos allos lle pos?
-Con tres é suficiente.
Saímos a camiñar pola beira do mar coa ilusión como guía e a compaña da choiva incesante. A pasarela de madeira que nos conducía á praia estaba húmida e resbaladiza… Un contratempo truncounos a excursión  e obrigounos a regresar.
-Como eu debo manter o brazo en repouso, vas ter que cociñar ti.
-Seguirei as túas instrucións.
-Primeiro colocamos as racións de bacallau nesta tarteira e sobre elas, pouquiño a pouco, vertemos parte do aceite no que fritimos os allos. Cociñamos a lume lento sen  deixar de mover en vaivén para que a salsa vaia ligando.
- E canto tempo teremos que mover?
-Sobre unha hora, aproximadamente…
(Paciencia entón e mans á obra. Os convidados esperan degustar o delicioso prato, intentaremos non defraudalos).
-Dime, paréceche que empeza a coller cor?
-Si, vas ben; ao final quedará unha salsa brancuxada.
-E a textura como está, non tarda en espesar?
-Hai que evitar que o aceite queza moito, manter a lume suave e mover sen parar; ese é o truco.
Efectivamente, según trascurrían os minutos, a salsa íase tornado cremosa e o  aroma que desprendía abría o apetito.
Con moita calma, entrañables conversas,  sorrisos cómplices,  unha copiña de viño tinto na man para saborear e brindar e a súa atenta mirada, fomos conseguindo o punto desexado para a salsa do bacallau.
-Pois xa está listo! Agora só nos queda decorar un pouquiño: colocamos encima os tres allos e unhas guindillas cortadas en aros finos.
- Os aros, moi finos, non quedaron. É que… este coitelo está pouco afiado, haha!! (Vaia escusa...)
-Velaquí: a xantar!
-Sácaslle unha foto?
-Veña: flash!
-Uhmnnn… Exquisito.


Un pracer aprender a cociñar contigo.