jueves, 12 de julio de 2012

Harmonías




Quen vive en harmonía non teme a soedade.
Doménico Cieri Estrada





A harmonía total deste mundo está formada por uhna natural aglomeración de discordancias.
Séneca



Estamos neste mundo para convivir en harmonía. Os que o saben non loitan entre si.
Buda

O universo é unha harmonía de contrarios.
Pitágoras




Debemos estar en harmonía coa forza e non en oposición a ela.
Bruce Lee




Quero que todo sea belo, en harmonía coa Natureza.

Ricardo Flores Magón




A harmonía das cores debe fundarse unicamente no principio do contacto adecuado coa alma humana, é decir, no que chamaremos o principio da necesidade interior.
Wasily Kandinsky




martes, 10 de julio de 2012

Mirando


Era unha tarde a comenzos de xuño. Ían os tres amigos subindo a costa do Agro de Lalín de Arriba, cargados cos bártulos: a cámara, o trípode, as mochilas cos bocadillos e os refrescos e unha sombrilla de praia para espetar no chan e poder merendar á sombra durante o descanso. Andaban enredados na tarefa de realizar unha curtametraxe para un traballo de E. Plástica que debían entregar en poucos días.
-Veña, démonos présa. A ver se aproveitamos para gravar mentres hai boa luz.
De repente…
-Eh, mirade! Mirade que nubes... Espectaculares!
-Son… son raras, dirás.
-Fixádevos na luz, como mola!
-Voulles sacar fotos. Cando llas ensine a miña nai, vanlle gustar.
Para que logo digamos que os adolescentes non teñen sensibilidade. Ocorre que eles van polo “seu” camiño e ao “seu” ritmo. Nós andamos o noso. Unhas veces, camiñamos en paralelo, á súa beira. Outras, deberíamos intentar distanciarnos un pouco para evitar presionalos... E mentres nos apartamos, deixamos que se disipen os medos, os nosos medos; pois eles, nos saben de medos. E nós, para que os queremos?





As imaxes, aportación de Diego.
A música, unha proposta de Andy. Estou segura de que ela tamén se pararía a observar a luz que traspasaba aquelas “nubes raras” e gozaría do momento.